Monday 23 de September de 2024

A Deputación da Coruña convoca 30 bolsas deportivas para o ano 2015 por valor de 75.000 euros


As axudas divídense en dous grupos, 15 para persoas entre 10 e 17 anos e outras 15 para profesionais de entre 18 e 23

O Boletín Oficial da Provincia publica hoxe a convocatoria oficial de bolsas para deportistas da provincia para o ano 2015. En total, a Deputación da Coruña destina 75.000 euros a estas axudas que se repartirán en achegas individuais de 2.500 euros.

Concederanse 15 bolsas para deportistas de entre 10 e 17 anos e outras 15 para profesionais de entre 18 e 23. Todos eles deberán practicar deportes olímpicos ou de disciplinas asociadas.

As bolsas abonaranse en dous prazos, o primeiro do 40% no momento da adxudicación da axuda e o 60% restante pasados tres meses e tras a presentación da certificación da federación deportiva correspondente acreditando os resultados deportivos do ano.

Os interesados en solicitar unha bolsa poderán facelo a partir do domingo 1 de marzo ás 00.000 horas de xeito telemático e ata ás 14.00 do día 31 do mesmo mes. Unha vez feita a selección, a Deputación publicará na súa páxina web e no taboleiro de anuncios os admitidos e excluídos.